O PP rexeita unha proposta do BNG para que o Monumento aos Mártires de Carral sexa Ben de Interese Cultural

Tamén denega que se recoñeza como BIC o xacemento de Castro Valente, tal e como pedía o PSdeG

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/05/2021 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O PPdeG rexeitou unha proposta do BNG --apoiada polo PSdeG-- para instar á Xunta a incoar o expediente de Ben de Interese Cultural (BIC) para o Monumento aos Mártires de Carral, situado neste concello coruñés.

Monumento aos Mártires da Liberdade de Carral.
Monumento aos Mártires da Liberdade de Carral.

Durante o debate na comisión de Cultura do Parlamento galego, o deputado do PP José Luís Ferro defendeu a negativa do seu grupo en que ser catalogado como BIC "podería supor un incremento da súa consideración, pero non da súa protección".

E é que o PP sostén que a súa protección "xa está garantida, xa que está incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia desde o ano 1993 e está incluído no Plan Básico Autonómico".

Respecto diso, Mercedes Queixas (BNG) reprochou aos populares que se opoñan a esta declaración BIC a pesar de recoñecer que o monumento cumpre con todos os requisitos. Así, subliña que representa unha "páxina viva da historia colectiva galega".

Destaca que o monumento lembra o levantamento liberal progresista encabezado polo capitán xeral Miguel Solís contra o goberno reaccionario de Narváez, promotor de "recortes de dereitos e liberdades". As tropas sublevadas contra o réxime foron derrotadas na batalla de Cacheiras, o 23 de abril de 1846.

Igualmente, o PP denegou unha iniciativa socialista --apoiada polo Bloque-- que buscaba recoñecer como BIC o xacemento arqueolóxico de Castro Valente, situado entre Padrón e A Estrada.

Sobre esta cuestión, Noa Díaz (PSdeG) urxiu á Xunta a que protexa este ben, posto que "corre serio risco de afectación polas posibles obras de construción dun parque eólico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta