O Parlamento demanda fondos para apoiar aos sectores afectados polo peche da fronteira entre Galicia e Portugal

Trátase dunha iniciaiva do Bloque, na que ademais insta á Xunta a promover un estudo para coñecer o impacto do peche nos municipios transfronteirizos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Todo o Parlamento galego instou -nunha iniciativa do Bloque- a que se destinen fondos da Xunta, Estado e a UE para apoiar aos sectores dobremente afectados polo impacto da covid e o peche das fronteiras entre Galicia e Portugal.

Esta proposta, defendida por Noa Presas (BNG) e aprobada este venres tras unha transacción na comisión de Economía, tamén insta á Xunta a promover un estudo, en colaboración co sistema universitario, para coñecer o impacto do peche de fronteiras nos municipios transfronteirizos. Igualmente, demanda a dotación de fondos europeos de reconstrución para investimentos transfronteirizos que supoñan a reactivación económica destes territorios afectados.

"Todos compartimos a necesidade de asegurar a seguridade sanitaria, pero o peche indiscriminado de pasos fronteirizos, sen contemplar solucións para traballadores e empresas, resultou excesivamente gravoso", apuntou a este respecto o deputado popular Alberto Pazos.

Comisión de Economía. PARLAMENTO
Comisión de Economía. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta