Sanidade estende a toda Galicia a posibilidade de realizar test covid por saliva nas farmacias

Este sistema, que agora se amplía ás provincias de Lugo e Ourense, permitiu realizar 82.000 probas desde febreiro, 177 delas positivas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade estendeu ás provincias de Lugo e Ourense o acordo para que as oficinas de farmacia realicen test de detección da covid-19 en saliva, polo que este sistema xa se atopa dispoñible en toda Galicia.

Cribado con mostras de saliva
Cribado con mostras de saliva | Fonte: Xunta de Galicia.

Isto foi posible debido a que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou esta semana os correspondentes convenios de colaboración cos presidentes dos colexios oficiais de farmacéuticos de Lugo e Ourense, Alejandro Sánchez Pérez-Mel e Santiago Leis Vence, respectivamente.

Ademais, na firma estiveron presentes o secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fontes Losada, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

A través destes convenios, xa activos nas provincias da Coruña e Pontevedra desde febreiro e marzo, inícianse os protocolos previstos para a detección de casos de coronavirus en persoas asintomáticas.

Serán as farmacias as que recollan as mostras de saliva a través dun kit que ofrecerán a cidadáns comprendidos na poboación diana establecida por Sanidade, entre os 12 e os 64 anos.

Posteriormente, as mostras serán remitidas ao laboratorio de microbioloxía do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Vigo, para a súa análise a través do sistema 'pooling'. O resultado comunicaráselle á persoa particular e, no caso de que sexa positivo, realizaráselle unha proba PCR nasofagíngea.

É un sistema que, segundo asegura Sanidade, conta "con todas as garantías" do Sergas. Desde a súa posta en marcha, realizáronse sobre 82.000 probas, das que 177 resultaron positivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta