82 entidades da cultura tradicional recibirán apoio dunha liña de subvencións da Deputación da Coruña

Cursos e talleres de baile e música, mostras corais, festivais ou concertos son algunhas das actividades para as que 82 entidades reciben axudas.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Corais polifónicas, bandas de música popular e entidades de música e baile tradicional recibirán máis de 600.000 euros a través de dúas liñas de axudas resoltas pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

Segundo informa o organismo provincial, o orzamento divídese na liña de apoio ás actividades pola que se benefician 82 entidades e a de investimentos á que concorreron un total de 69. "Responden á vontade de apoio á nosa cultura viva en entidades que a promoven en todo o territorio", afirma o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Cursos e talleres de baile e música, mostras corais, festivais ou concertos son algunhas das actividades para as que 82 entidades reciben apoio a través dunha liña de subvencións. No outro caso, será para compra de instrumentos, adquisición de equipos de son, vestimentas, dotación informática ou mellora dos locais.

Alumnos do curso no obradoiro de Baile e Música Tradicional
Alumnos do curso no obradoiro de Baile e Música Tradicional | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta