Galicia presenta o segundo mellor dato entre comunidades en pago a provedores

Ao peche do primeiro trimestre, Galicia sitúase na segunda mellor posición entre comunidades, só despois de Murcia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O período medio de pago a provedores é de 13,15 días en Galicia ao peche do primeiro trimestre, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Facenda.

Esta cifra é a segunda mellor entre comunidades, con Murcia á cabeza (4 días). A media galega é 15 días menor que a española (26,26 días). Ademais, supón uns 17 días menos que o límite de 30 días que establece a norma estatal.

En canto á débeda comercial, Galicia é a segunda comunidade con menor débeda comercial de España despois de Murcia. O cociente débeda/PIB de Galicia sitúase en marzo no 0,11%, por baixo da media autonómica (0,25%). A débeda comercial no conxunto de comunidades ascenda a 2.981,3 millóns de euros, dos que 66,3 millóns -o 2,2%- corresponden a Galicia.

Segundo destaca a Xunta nun comunicado, estes datos "volven ratificar que a comunidade autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega".

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta