O Goberno aprobará este martes un crédito de 5 millóns para as CCAA que acollan a menores migrantes de Ceuta

Galicia é xunto con Madrid a autonomía que máis menores acollerá, 20.

Por E.P. | MADRID | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Goberno aprobará este martes 25 de maio, en Consello de Ministros, un crédito extraordinario de 5 millóns de euros para que as comunidades autónomas que acollan a menores migrantes non acompañados de Ceuta, fagan fronte aos gastos derivados desta situación, segundo informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Dereitos Sociais.

As mesmas fontes precisaron que Goberno e CCAA acordarán este mesmo martes no Consello Territorial de Servizos Sociais a distribución deses 5 millóns de euros en función dos menores migrantes non acompañados de Ceuta que acolla cada comunidade.

Así se acordará este martes durante unha reunión extraordinaria do Pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, convocada pola ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, e que se celebrará a partir das 10:00 horas por videoconferencia. Na reunión tamén se abordará a xestión dos proxectos financiados co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

MADRID E GALICIA, AS QUE MÁIS ACOLLERÁN

Segundo comunicaron as propias CCAA tras a reunión, Madrid e Galicia son as comunidades que maior número de menores acollerán. En concreto, a Comunidade de Madrid comunicou que recibirá 20 menores estranxeiros non acompañados de Ceuta, segundo o informe que lles enviou o Ministerio de Dereitos Sociais a pasada semana.

O mesmo número de menores, un total de 20, serán recibidos en Galicia, e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, queixouse dos criterios de repartición, aínda que adiantou que os vai a acoller.

Outros 18 menores serán acollidos en Castela e León. Andalucía, que nun primeiro momento sinalaba que non podería acoller a máis menores, finalmente anunciou que acollerá a 13, os mesmos que a Comunidade Valenciana. Ademais, Baleares recibirá a 11 menores, o mesmo número que Estremadura e Asturias.

Mentres, Euskadi acollerá a 8 menores; a Rexión de Murcia tutelará a 7 deles, e Cantabria, outros 7. Tamén mostraron a súa disposición a acoller Cataluña, Castela-A Mancha e Aragón. Pola súa banda, a Rioxa informou de que rebaixou a cinco a proposta inicial do Goberno central de que esta comunidade acollese a dezasete menores.

Imaxe do primo de Bansky criticando a situación dos migrantes que tenta cruzar o mediterraneo
Imaxe do primo de Bansky criticando a situación dos migrantes que tenta cruzar o mediterraneo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta