A CIG pide o cambio de nome dos centros que teñen a persoas "con pasado fascista"

"Esperamos que se dea solución a esta anomalía e se renome os centros afectados á máxima brevidade", sinala CIG-Ensino.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A CIG lanzou unha campaña que demanda ás administracións públicas a eliminación dos nomes dos centros educativos galegos das referencias a persoas "cun pasado fascista e que se significaron claramente coa represión da ditadura e o apoio ao réxime franquista".

A central nacionalista pon como exemplo varios centros educativos na área da Coruña, como os colexios Salgado Torres, Sal Lence, Sanjurjo de Carricarte ou dos institutos Puga Ramón e o Fogar Infantil Emilio Romay, así como o CEIP Barrié de la Maza do Concello de Sada.

A campaña insta as administracións a cambiar os nomes daqueles centros bautizados con "referencias" a persoas vinculadas o réxime franquista ou que mostraron o seu "apoio" á ditadura.

Todo iso, segundo remarca o sindicato nun comunicado, para cumprir coa Lei de Memoria Histórica aprobada no ano 2017 e para actuar na liña do pronunciamento aprobado na Cámara autonómica en 2016 que apela a "eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas de rúas e edificios públicos". "Esperamos que se dea solución a esta anomalía e se renome os centros afectados á máxima brevidade", sinala CIG-Ensino.

Escudo e simboloxía franquista
Escudo e simboloxía franquista | Fonte: PV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta