Un xulgado recoñece a Villarino ampliar a súa compatibilidade na Deputación e na UVigo

O PP de Ourense negarase a concederlla.

Por E.P. | OURENSE | 24/05/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Ourense recoñeceu ao secretario xeral do PSOE ourensán, Rafael Rodríguez Villarino, ampliar a compatibilidade do seu cargo na Deputación de Ourense coa docencia no campus que a Universidade de Vigo (Uvigo) ten na cidade das Burgas.

En declaracións a Europa Press, o socialista lembrou que, tras a morte dun dos docentes da súa área, solicitou na institución provincial esta ampliación co obxectivo de "repartir a docencia" entre os dous profesores --el mesmo e un compañeiro-- que quedaban.

En concreto, Rafael Rodríguez Villarino é profesor asociado da Universidade de Vigo, na que dá clases nas titulacións de Traballo Social e Educación Social do Campus de Ourense. Segundo explicou, este curso tiña unha dedicación parcial tipo P4 --en función do número de horas-- e solicitou ampliala a P5 porque "era o que lle correspondía pola docencia que tiña que impartir". Con todo, censurou que, a pesar de que o máximo podería ser unha dedicación tipo P6, o PP de Ourense decidiu "de forma totalmente arbitraria" e "sen ningún tipo de razón" non aceptar a súa solicitude.

Rafael Rodríguez Villarino enmarcou esta negativa do líder do PP ourensán, Manuel Baltar, "e compañía" nunha "continuación das manobras" que, na súa opinión, levan a cabo para excluílo "política e laboralmente de Ourense".

E é que ao longo do mandato houbo diversos enfrontamentos entre Villarino e Baltar. Así, recentemente, o PP puxo como condición que o socialista abandonase a súa acta como edil para apoiar unha moción de censura contra Gonzalo Pérez Jácome (DO) na cidade das Burgas.

Este feito implicaría que Rodríguez Villarino, que foi candidato do PSOE á Alcaldía e conseguiu situarse como a lista máis votada nos comicios de maio de 2019, tivese que deixar tanto os seus cargos no Concello ourensán como na Deputación.

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino | Fonte: PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta