Feijóo reunirase en Lisboa co primeiro ministro luso co foco posto nas infraestruturtas comúns e o Xacobeo

Ademais de con Antonio Costa, o presidente da Xunta tamén manterá un encontro co presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desprazarase o xoves a Lisboa, onde manterá encontros co presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, e co primeiro ministro luso, António Costa.

Así o trasladaron fontes da Xunta, que informaron de que, debido á axenda do presidente, a reunión do Consello adiántase a este martes.

As infraestruturas de interese común estarán na axenda das reunións cos mandatarios portugueses, así como a cooperación transfronteiriza. Do mesmo xeito, aínda que o contexto político segue marcado pola pandemia, tras a reapertura da fronteira e ante o dobre ano Xacobeo, o turismo estará tamén no foco.

Alberto Núñez Feijóo / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press
Alberto Núñez Feijóo / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta