O historiador Carlos Babío, que será xulgado este mércores por inxurias aos Franco, advirte: "Non nos van amedrentar"

Ana Pontón trasládalle o "apoio e recoñecemento" do BNG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/05/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O historiador e autor do libro 'Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio', Carlos Babío, será xulgado este mércores en Madrid por un suposto delito de inxurias continuado contra os Franco no que o BNG e el mesmo consideran un "auténtico esperpento" e "o mundo ao revés". O tamén integrante da formación nacionalista advertiu: "Non nos van amedrentar".

Reunión de Carlos Babío coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o deputado Luís Bará e o exalcalde de Sada Abel Soto
Reunión de Carlos Babío coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o deputado Luís Bará e o exalcalde de Sada Abel Soto | Fonte: BNG.

"Vaise xulgar a un demócrata por dicir en pleno século XXI que Franco era un ditador e parte dos bens da familia Franco obtivéronos pola vía do roubo, como está acreditado no caso de Meirás", sinalou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa tras manter un encontro co propio Babío, tamén membro do BNG.

Pontón trasladou o "apoio e recoñecemento" a Carlos Babío, que é unha "figura central do movemento de loita para a recuperación da memoria histórica" e que "fixo a base" que permitiu logo iniciar os procesos xudiciais para a recuperación para o público do Pazo de Meirás.

"Detrás deste ataque director da familia Franco a Babío, hai un intento de amedrentar e silenciar as voces que tratan de dicir o que pasou no franquismo", advertiu Ana Pontón, quen sinalou que "van conseguir xustamente todo o contrario".

De feito, a portavoz nacional do BNG avisa de que "non é casual" que estes "ataques" se "centren nunha persoa como Carlos Babío", porque Galicia "é a punta de lanza da loita contra as mentiras do franquismo". Por iso, este tipo de denuncias, dixo, só servirán para darlles "máis ánimos" para que "haxa xustiza e reparación" neste país e "realmente se chegue a un momento no que acaben todos eses pozos negros dunha transición mal feita".

A portavoz nacional do Bloque apuntou que este xuízo "non debería nin iniciarse", pero quixo reiterar "todo o apoio do BNG e da sociedade galega que está a traballar pola memoria histórica". Así, mostrouse segura de que Babío acode "con absoluta tranquilidade, coa que se vai cando un vai coa verdade por diante".

O historiador tamén denunciou este martes o "esperpento" que, na súa opinión, supón este xuízo por supostos delitos contra a honra, inxurias e calumnias contra o ditador Franco.

Babío lembra que pola vía penal a denuncia xa foi arquivada e agora tramitouse polo civil. Os delitos dos que se lle acusa están relacionados con feitos do ano 41, dixo, polo que o que se remontan á ditadura, a cal, lembra, caracterízase por "propaganda". "O fascismo chamábase franquismo", dixo, en España.

Ademais, preguntouse cal sería a postura se se xulgase por inxurias contra Hitler ou Mussolini en Alemaña ou Italia. "O mundo ao revés", incidiu, para advertir de que non se trata dun xuízo contra el, senón "a unha sociedade democrática que quere que avance".

"A intención final é amedrentar a unha sociedade. Non o van a conseguir", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un coruñés.

Unos "robos" hermosos... Que han creado grandes tradiciones.... La "semana grande" de A Coruña, la primera semana de agosto, con los comercios cerrando a las 12 del mediodía, en "solidaridad" con el gremio de joyeros (a los que "LA collares" -la esposa del dictador- iba a "saquear" lo que le gustaba... Joyas que jamás pagaba... ).