O Premio Torrente Ballester reivindicará a escritoras e escritores gañadores nos últimos 32 anos

Este ano o premio estará presente entre as comunidades lectoras de dous "bookstagramers" galegos: Xacobe Pato e Lorena Bembibre.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/05/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, reforza a convocatoria do Premio Torrente Ballester de Narrativa cunha programación cultural que reivindicará a escritoras e escritores gañadores nos últimos 32 anos, segundo informa. Ata o 15 de xuño está aberto o prazo para presentar obras orixinais ao premio en galego e castelán. Nesta ocasión, o escritor Ignacio Martínez de Pisón, gañador deste certame, formará parte do xurado que elixirá a mellor novela en castelán.

Ademais, a xornalista Susana Pedreira será a comisaria do premio en español mentres que Ramón Rozas encargarase do certame en galego.

O Torrente Ballester é o premio máis veterano dos que organiza a Deputación da Coruña e nas 32 edicións anteriores, convocadas ininterrompidamente desde o ano 1989, presentáronse máis de 12.500 obras orixinais remitidas desde Galicia, o resto do Estado e Latinoamérica. Este ano, as obras gañadoras coñeceranse o 10 de decembro.

Ademais, este ano o Premio Torrente estará presente entre as comunidades lectoras de dúas "bookstagramers" galegos que suman máis de 50.000 seguidores en Instagram: Xacobe Pato e Lorena Bembibre.

"A través das súas contas difundirán todas as novidades do premio, as actividades que a Deputación programará entre xuño e decembro, sorteos para participar en encontros con autores e conversacións literarias que anunciaremos nas próximas semanas", adianta o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

CURSOS

Noutra orde de cousas, a deputada responsable da área de Deportes do organismo provincial, Cristina Capelán, anunciou este martes que os concellos de Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo acollerán este ano, entre o 5 de xullo e o 13 de agosto, os cursos da campaña de vela e windsurf 2021, que a Deputación da Coruña recupera este verán tras ser suspendidos en 2020 debido á pandemia.

Neles poderán participar menores de entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

A Deputación da Coruña presenta as dúas obras gañadoras do Premio Torrente Ballester.
A Deputación da Coruña presenta as dúas obras gañadoras do Premio Torrente Ballester. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta