O Sergas chama a 5.000 persoas en Mos para un cribado, tras entrar este sábado en nivel máximo de restricións

Este sábado, 29 de maio, está prevista a realización doutro cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que pertence á Área Sanitaria de Vigo e conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.

Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazarase a Mos onde está citadas unhas 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.

Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.

Mos conta con limitación de reunións de persoas convivientes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no municipio non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.

Este sábado, desde as 00,00 horas, ao pasar a nivel máximo de restricións, como acordou o comité clínico, terá peche perimetral e a hostalaría pechada, salvo para servizo a domicilio.

Unha muller sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Unha muller sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta