Convocados os Premios Fin de Carreira para titulados superiores de ensinos artísticos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2021 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A Xunta convocou os Premios Fin de Carreira para titulados superiores en Música, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais en centros educativos públicos da comunidade.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde este xoves ata o próximo 28 de xuño e estas só poderán xerarse mediante a sede electrónica do Goberno galego, segundo precisou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

En concreto, para acceder aos galardóns será preciso finalizar os estudos das titulacións artísticas no curso 2019-2020 e contar cunha puntuación media no expediente académico igual ou superior a un 8,5.

Deste xeito, poderán concederse ata seis premios, dous para ensinos superiores de Música, dúas para as de Deseño, un para titulados en Arte Dramática e outro para alumnos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Ademais do recoñecemento oficial, os galardoados recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros.

Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO
Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta