A alcaldesa da Coruña apoia as medidas de desescalada da Xunta

Inés Rey cre que as cifras de contaxios da covid-19 "convidan a certo optimismo".

Por E.P. | A Coruña | 26/05/2021 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, dixo que as cifras de contagios da covid "convidan a certo optimismo" e mostrou o seu apoio ás medidas que anunciadas pola Xunta na desescalada.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Rey considerou que é o momento de adoptar estas medidas unha vez a vacinación supera o 40% e os maiores recibiron a dobre pauta da vacina.

A alcaldesa cre que a vacinación avanza "a bo ritmo" en Galicia e que isto permite tomar medidas para a desescalada. Segundo afirmou, a Xunta de Galicia tomou decisións respecto das restricións "pensadas e valoradas con criterios sanitarios" en base aos índices de contaxio.

Para Inés Rey, estas normas sempre foron "razoables" e sempre as apoiou, mostrando o seu compromiso de seguir facéndoo.

Por tanto, a alcaldesa herculina mostrou a súa satisfacción ante as medidas anunciadas esta mañá e cualificounas como "correctas neste momento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta