Ourense converterase en capital da peregrinación xacobea no ano 2023

Acollerá o 13º Congreso Internacional dos Camiños de Santiago.

Por E.P. | Ourense | 26/05/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

A cidade de Ourense converterase no ano 2023 na capital da peregrinación xacobea con motivo da celebración, do 27 ao 30 de abril, do 13º Congreso Internacional dos Camiños de Santiago.

Peregrinos fan o Camiño de Santiago
Peregrinos fan o Camiño de Santiago | Fonte: Xunta de Galicia.

En palabras do presidente da Deputación, Manuel Baltar, isto "permitirá visibilizar o labor de apoio e promoción que vén facendo por unha das rutas internacionais deste camiño como é a Vía da Prata, que atravesa 28 concellos da provincia".

Así o trasladou despois da reunión que mantivo este mércores coa directiva da Asociación Cultural de Amigos da Vía da Prata de Ourense.

A cita reunirá a representantes das máis de 300 asociacións xacobeas que existen no mundo "ofrecendo en Ourense un espazo único para pór en valor un camiño que é o camiño de Europa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta