A Xunta continúa coas concentracións parcelarias en zonas onde xa arrasara carballeiras centenarias

Aproba unha reestruturación parcelaria en Cartelle (Ourense) e modifica outra en Lalín (Pontevedra), nunha zona na que xa levara por diante carballeiras centenarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou senllos anuncios da Xunta polos que se comunican a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Tomé, en Cartelle (Ourense), e a modificación do correspondente á de Vilatuxe, en Lalín (Pontevedra).

En concreto, a actuación que levará a cabo en Cartelle afectará a 1.636 hectáreas, segundo precisou a Consellería do Medio Rural. A publicación realizada permitirá determinar os predios de substitución cos novos titulares, de acordo coa superficie resultante da reorganización e a nova clasificación da terra.

Deste xeito, reorganizáronse 26.554 parcelas de 1.130 propietarios en 3.075 predios, o que supuxo un investimento de máis de 4 millóns de euros por parte do Goberno galego. Os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes tras a recepción persoal ou a publicación sustitutiva.

Por outra banda, publicouse a modificación do acordo de reestruturación parcelaria de Vilatuxe despois de que o Concello de Lalín solicitase a titularidade de seis parcelas de masa común resultantes do proceso para fins didácticos e culturais, áreas de descanso e lecer, equipamentos veciñais e infraestruturas de augas.

Carballos centenarios arrasados nunha concentración parcelaria en Vilaturxe, Lalín
Carballos centenarios arrasados nunha concentración parcelaria en Vilaturxe, Lalín

No marco do proceso de reestruturación parcelaria de Vilatuxe, que supuxo un investimento de case 4 millóns de euros por parte do Goberno galego, reorganizáronse 4.445 parcelas de 524 propietarios en 1.231 predios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta