O BNG critica que o TS non queira indultar os presos do procès pero si a Tejero, "que entrou pegando tiros"

"O lóxico é que se produzan eses indultos", subliña Rego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cargou este xoves contra o Tribunal Supremo por defender, ao seu xuízo, "criterios antidemócraticos" e non manter a "neutralidade política" e afeoulle que rexeite os indultos aos condenados polo 'procés' cando, no seu día, si defendeu indultar a "verdadeiros golpistas" como Antonio Tejero, "que entrou disparando no Congreso".

Nunha rolda de prensa na Cámara Baixa, Rego insistiu en que os problemas políticos sempre se "enquistan" cando se abordan pola vía xudicial e defendeu o diálogo e o respecto da "vontade democrática dos pobos" para afrontar o existente en Cataluña. "O lóxico é que se produzan eses indultos", comentou, aínda que, deixou claro que apoian a reivindicación dos independentistas cataláns de aplicar unha amnistía e convocar un referendo de autodeterminación.

Tejero durante o Golpe de Estado do 23F
Tejero durante o Golpe de Estado do 23F | Fonte: TVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta