O Sergas publica a oferta de destinos de persoal estatutario e a lista de admitidos en listas de selección temporal

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou a oferta de destinos do concurso de traslados de persoal estatutario e as listas de admitidos en procesos de selección temporal de varias categorías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou a oferta de destinos do concurso de traslados de persoal estatutario e as listas de admitidos en procesos de selección temporal de varias categorías.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu a oferta de destinos e a relación provisional de admitidos e excluídos para 2021 do concurso de traslados para prazas básicas de persoal estatutario, segundo trasladou a Consellería de Sanidade. Neste ciclo foron admitidos 3.916 profesionais, a maior parte deles, 1.696, de enfermaría.

En concreto, ofértanse 6.121 prazas de 78 categorías das que 4.654 corresponden a persoal sanitario e as listas poden consultarse na páxina web do Sergas. Ademais, o estado de cada solicitude pode revisarse no expediente electrónico persoal do aspirante.

A publicación da resolución abre un prazo de dez días hábiles a partir deste venres para que os interesados poidan corrixir posibles defectos que motivasen a súa exclusión. Ademais, entre este venres e o próximo 11 de maio poderán realizarse as modificacións estimadas oportunas en relación á selección inicial de destinos.r deste venres.

Oposicións ao corpo superior da Xunta
Oposicións ao corpo superior da Xunta | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta