Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 18:21
A procura de solucións innovadoras e baseadas na sustentabilidade para o combate de fungos nas vides de Galicia e Castela-León é o obxectivo central do programa europeo Viticast, no que a Deputación de Pontevedra participa a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, xunto con outros 10 socios entre os que figuran denominacións de orixe, adegas, a Fundación Feuga e universidades.
O proxecto tivo este xoves parada no Auditorio de Vilagarcía, onde se celebrou unha xornada de presentación introducida polo deputado provincial de Centros de Investigación, Manuel González. González reivindicou a traxectoria e o papel "crucial" do centro de investigación do Areeiro, que é "referencia" neste tipo de investigacións ao contar con persoal técnico de alta cualificación.
Aproveitou a súa intervención para reivindicar a importancia de investir en I+D+i, tamén na saúde das plantas, especialmente nas relacionadas coa alimentación humana.
Ademais, puxo en valor á Unión Europea como institución resultante dun proxecto en común que é "imprescindible para apostar cos recursos necesarios pola ciencia e o coñecemento". "A ciencia demostrou, unha vez máis, a súa importancia na pandemia que estamos a vivir", abundou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.