Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 28/05/2021 | Actualizada ás 10:01
Unha muller octoxenaria veciña de Neda faleceu sobre as 6,30 horas deste venres, 28 de maio, por mor dun incendio que se declarou na súa vivenda, situada nun edificio emprazado en O Poulo número 5.
Á zona desprazáronse de inmediato os Bombeiros de Ferrol e do GES de Mugardos, ademais de equipos sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida a esta muller.
Tamén se personaron na zona axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Neda, informaron fontes do dispositivo mobilizado por este incendio. Segundo informou o 112 Galicia, debido a este incendio ardeu unha habitación por completo e as demais estancias da vivenda resultaron afectadas o fume.
Ao lugar desprazouse unha comisión xudicial para o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval de Ferrol onde se lle realizará a autopsia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.