Continúan os vertidos ao río Lérez

A Asociación pola Defensa da Ría xa denunciou os vertidos repetidas veces.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Esta semana detectábanse de novo vertidos ao Río Lérez, un feito que xa foi denunciado anteriormente pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR). A organización critica que non se tomen medidas para eliminar o vertido de fecais ao río á altura do mercado municipal en Pontevedra.

Vertidos no Río Lérez
Vertidos no Río Lérez | Fonte: APDR

Coa marea baixa, estes vestidos foron visibles, o que pon de manifesto que "seguen moi patentes e non deixan lugar a dúbidas sobre a súa natureza", expón Antón Masa, presidente da APDR.

Tras unha das denuncias da asociación, a empresa Viaqua realizou traballos de saneamento para determinar a orixe do vertido, pero non se levaron a cabo solucións apra eliminalo. Ante as reiteradas denuncias por parte de APDR, o presidente da asociación pide que se abra unha investigación ante a situación e asegura que non descartan "emprender outro tipo de actuacións de denuncia pública". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta