Santiago reivindica que existen 5 millóns de metros cadrados de zonas verdes na cidade e non un millón, como recolle o INE

O Concello pedirá ao Instituto Nacional de Estadística que rectifique o dato.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/05/2021 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reivindicou a existencia de 5 millóns de metros cadrados de zonas verdes na cidade, polo que pedirá ao Instituto Nacional de Estadística (INE) que rectifique os seus datos, onde atribúen á capital galega 1 millón de metros cadrados de espazos verdes.

Alameda de Santiago
Alameda de Santiago | Fonte: Europa Press.

"Amólanos un pouco que nolos quiten", comentou Bugallo, quen concretou que as cifras do INE deixan fose áreas que si teñen a consideración de espazos verdes, polo que o executivo local demandará ao organismo oficial que modifique os seus datos.

Neste sentido, o rexedor sostén que Santiago de Compostela ten "máis de 5 millóns de metros cadrados" deste tipo de zonas, que supoñen unha media de "máis de 50 metros cadrados por habitante", o que carrexa "un custo importante para a cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta