Unións Agrarias pide activar un rexistro público de contratos de uva na vendima

Consideran que non están cuantificados os gastos reais e cren que esta medida permitiría a "sacar á luz a falta de viabilidade ecoómica" dos produtores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Unións Agrarias reclama a habilitación dun rexistro público no que se depositen antes da vendima os contratos de compra de uva para certificar que cubran os custos de produción.
Insiste na "necesidade" de que a Consellería do Medio Rural impulse un estudo de custos de produción na viticultura galega que sirva para "reforzar" a utilidade dos contratos de aprovisionamento que as adegas aplican aos produtores.

Nestes momentos, segundo denuncia, compradores de uva aproveitan que non están cuantificados os gastos reais que asumen os viticultores para impor uns prezos que "moitas veces non cobren os custos de produción".

Por iso, considera "imprescindible sacar á luz a falta de viabilidade económica en que se atopan os produtores da DO Rías Baixas pese ao incremento de vendas e exportacións". "Sen concretar estes baremos de custos é imposible poder negociar o prezo para uva que permita manter activa a produción vitícola galega", advirte.

Vendima. DO RÍAS BAIXAS - Arquivo
Vendima. DO RÍAS BAIXAS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Doutra banda, mantén que as liñas de axudas ás adegas de Medio Rural debe garantir "unha modulación que prime a viticultura social de pequenas explotacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta