Temas: FOLGA INDITEX CIG

Suspendida a folga indefinida dos traballadores do servizo de mantemento de Inditex

Chegan a un preacordo sobre as principais demandas sociais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Os traballadores de Veolia, que fan o servizo de mantemento de Inditex, acordaron suspender temporalmente o paro e as mobilizacións tras chegar a un preacordo coa empresa sobre as principais demandas sociais, segundo informa a CIG.

En concreto, refírese a a recolocación do compañeiro despedido e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal de Veolia destinado aos centros de Inditex.

Tras 19 días en folga, a central nacionalista avisa que aínda está en fase de negociación a aplicación do plus de centro de traballo, así como diversos aspectos do convenio colectivo que se abordarán nunha reunión prevista para a semana que vén.

Concentración de delegados da CIG e de traballadores de Inditex. CIG
Concentración de delegados da CIG e de traballadores de Inditex. CIG

Temas: FOLGA INDITEX CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta