A Xunta critica a "falta de planificación enerxética" do Goberno estatal

Conde defende o Pacto de Estado por Ferrol e denuncia que o BNG diga "que non a calquera iniciativa cun impacto positivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reclamou ao Goberno unha política de transición enerxética "con sentido", para que "non sexan os consumidores e empresas os que teñan que pagar" a súa "falta de planificación". Así o aseverou este sábado a preguntas dos medios, despois de que este venres transcendese que o Ministerio para a Transición Ecolóxica prevé levar ao próximo Consello de Ministros un anteproxecto de lei para atallar a sobrerretribución que perciben no mercado almacenista a xeración de enerxía en plantas hidráulicas e nucleares, o que se traducirá nunha redución da factura ao consumidor.

Aínda que o vicepresidente económico da Xunta revelou que non coñecen "o alcance" das medidas e que esperarán ao próximo martes "para facer unha avaliación", si dixo ver "positivo" que haxa "medidas que poidan reducir o prezo". No entanto, o tamén conselleiro de Economía aproveitou para criticar "a falta de planificación enerxética" do Goberno estatal que, ademais, están "a marcar unha situación de falta de competitividade" no tecido produtivo galego.

CRITICA AI BNG

Noutra orde de cousas, Conde censurou a "posición" do BNG de "dicir que non a calquera iniciativa cun impacto positivo", referíndose ao Pacto de Estado por Ferrol. O vicepresidente segundo da Xunta cre que existe "unha falta de compromiso" do Bloque con Galicia, xa que considera que é "razoable que haxa un pacto entre o conxunto de administracións" tras o peche da central térmica das Pontes e a falta de carga de traballo en Navantia, entre outras cuestións.

Así, asegurou que os cidadáns "non queren confrontacións", senón "solucións", e que espera que haxa "unha unidade de acción" e "unha resposta positiva" por parte do Goberno, para poder traballar conxuntamente con "concellos, sindicatos e patronal".

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde / Xunta de Galicia. / Europa Press
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta