A planta habilitada por Sogama para residuos sanitarios cesa a súa actividade

A mellora da situación epidemiolóxica levou a una redución da xeración destes refugallos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A planta provisional habilitada pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a xestión de residuos sanitarios cesou a súa actividade ante a mellora da situación epidemiolóxica, que levou unha redución da xeración destes refugallos.

Esta instalación estivo operativa no complexo de Cerceda entre abril de 2020 e o pasado mes de marzo, un período durante o que xestionou 285.280 quilos de residuos sanitarios de baixo risco, segundo indicou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Para iso, levou a cabo un proceso de valorización enerxética a máis de 850ºC, unha temperatura que elimina patógenos e outros axentes nocivos de modo controlado.

Así, a planta provisional estivo operativa durante os picos das tres ondas máis virulentas da pandemia en Galicia e rexistrou un descenso progresivo na entrada deste material en paralelo á mellora da situación sanitaria. Os últimos residuos recibíronse o pasado 11 de marzo, polo que se prescindiu da actividade desta estrutura, que operou de modo independente con persoal externo contratado.

O aumento exponencial da xeración de residuos sanitarios a partir de marzo de 2020 levou que o Goberno central establecese dúas opcións para o seu tratamento, o seu depósito en vertedoiro ou a súa valorización enerxética, aínda que deu prioridade a esta última. Deste xeito, Galicia e outras comunidades autónomas que contaban con plantas de valorización enerxética utilizáronas para evitar que estes materiais se derivasen a vertedoiros.

Valorización de residuos en Sogama. SOGAMA
Valorización de residuos en Sogama. SOGAMA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta