A Xunta aposta pola concienciación para impulsar o cultivo sustentable de recursos mariños na UE

A conselleira do Mar destaca a importancia dos estudos relacionados coa reordenación do espazo marítimo coa finalidade de desenvolver na UE unha actividade acuícola respectuosa e compatible co medio ambiente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo esta semana a necesidade de concienciar os profesionais do mar e aos consumidores sobre a importancia do cultivo de recursos mariños, a súa compatibilidade coa pesca e os seus beneficios co obxectivo de impulsar esta actividade na Unión Europea (UE).

Así o manifestou durante o evento virtual 'A agricultura azul no acordo verde europeo: unha visión para a produción e o consumo sustentables da acuicultura na UE', organizado pola Comisión Europea e que foi inaugurado polo comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius.

A conselleira, que foi a única representante dunha administración rexional que formou parte desta iniciativa, tamén destacou a importancia dos estudos relacionados coa reordenación do espazo marítimo coa finalidade de desenvolver na UE unha actividade acuícola respectuosa e compatible co medio ambiente. Nesta liña, fixo fincapé na necesidade de axilizar a tramitación administrativa vinculada a este sector para afianzar a actividade e facela máis atractiva.

MARCO IDÓNEO

Para impulsar o potencial do sector de cultivos mariños na Unión Europea, especificou Rosa Quintana, existe o marco idóneo. Neste sentido, mencionou as Directrices de acuicultura sustentable da Unión Europea do ano 2013, que serviron de sustento aos diferentes plans nacionais e tamén a investigación e a innovación que permiten contar con mellores instalacións e prácticas de cultivo de recursos mariños.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta