Propoñen colocar cámaras individuais aos cazadores para "vixiar infraccións"

'Libera!' defende un modelo de videovixilancia co obxectivo de detectar delitos como portar armas cargadas en zonas prohibidas ou o acceso a espazos declarados como "non cinexéticos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera! propuxo a implantación de cámaras individuais para os cazadores que participen en calquera acción autorizada nos montes galegos co obxectivo de "analizar as imaxes en busca de infraccións" e "mellorar a seguridade no Medio Natural, tanto para os participantes como para calquera persoa que transite pola zona". E é que, segundo o seu punto de vista, "moitas irregularidades non teñen a preceptiva sanción".

Nun comunicado, defende que este modelo de videovixilancia imitaría os sistemas pechados de gravación que están instalados en todos os matadoiros de Reino Unido e Israel e que, ademais, vaise colocar nas instalacións españolas --seguindo o modelo de control de 'Hunt Monitor', presente en Inglaterra --, despois da aprobación dun Decreto do Ministerio de Consumo.

A proposta permitiría detectar delitos como portar armas cargadas en zonas prohibidas, o acceso a espazos declarados como "non cinexéticos" ou a investigación de accidentes, entre outros. Libera! aclarou tamén que as imaxes quedarían baixo custodia da Xunta durante un período de tempo determinado, "a mínima marxe temporal posible" a fin de que haxa "un cumprimento estrito das diferentes normas sobre protección de datos de carácter persoal".

Así mesmo, desde a asociación denuncian que a Lei de Caza de 2013 segue sen o "preceptivo regulamento" para desenvolver algúns dos seus aspectos, de forma que consente que "menores de 16 anos poidan disparar unha arma" e que "con calquera idade, acompañen ou sexan espectadores de actos de violencia explícita cara aos animais".

Cazador nun camiño público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo
Cazador nun camiño público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gazúa

Tamén llelas había que colocar a eles. Ou sempre cumpren todas as normas? Non son cazador nin me parece ben a caza. Pero aínda me caen moito peor estes bichos totalitarios que se cren superores moralmente

1 Sentidiño

No mundo somos miles de millóns. Cómo lle caian millóns de persoa a unha soa persoa é absolutamente intrascendente. E lamento o seu medo á inferioridade moral: polo menos demostra que ten escrúpulos.

2 Gazúa

De momento o intrascendente é o que din persoas coma esas. E non son miles de millóns precisamente. Non sei no futuro, pero hoxe son unha inmensa minoría. E mira que os cazadores me caen mal.