Xulgan unha muller acusada de estafar 25 persoas no aluguer dun piso que non era seu

Piden seis anos de cárcere para ela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará este luns, día 31, unha muller acusada de estafar 25 persoas, enganándoas á hora de tramitar o aluguer dun piso na Coruña, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). De acordo co escrito do ministerio fiscal, a acusada, para a que pide seis anos de prisión, non era propietaria e non tiña consentimento para subarrendar a vivenda.

En concreto, indica que a investigada, "guiada por un ánimo de enriquecerse e obter un beneficio inmediato á conta do patrimonio alleo" alugou en xullo de 2017 un piso na cidade herculina por un período dun ano e sen posibilidade de cedelo nin subarrendarlo, sen previo consentimento do dono. "A partir do mes de xullo dese mesmo ano 2017, carecendo de poder de disposición ningún, comezou a ofrecer a terceiros o aluguer do mencionado piso", recolle no seu escrito de cualificación no que engade que o propósito da muller era "captar o maior número posible de clientes interesados".

"Desta forma, a medida que estes últimos ían contactando con ela a fin de alugar o mencionado piso, tras concertar unha entrevista, facíanlle entrega da suma de diñeiro que lles indicaba, en concepto de fianza e/ou primeiro mes de aluguer, expedindo recibos de cobro" e, nalgún caso, formalizando supostos contrato de arrendamento.

Xulgados de Santiago, en Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago, en Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta