O TSXG prevé que en xullo poida decretarse a apertura de xuízo polo accidente de Angrois

De acordo coas conversacións mantidas coa Xunta, sería na Cidade da Cultura.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/05/2021 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, manifestou que esperan que a apertura do xuízo oral polo accidente de Angrois "poida ser en xullo" co obxectivo de comece no primeiro trimestre de 2022.

Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa presentación da memoria da actividade xudicial dos tribunais e xulgados de Galicia correspondente ao ano pasado. "É un xuízo tremendamente complexo", admitiu o presidente do TSXG en referencia, principalmente, ao número de partes personadas, máis dun centenar, segundo lembrou.

Ademais, sinalou que se trata dun asunto pendente de que o xuíz instrutor decrete o auto de apertura de xuízo oral. "Pensamos que pode ser en xullo", avanzou de face a que poida comezar a celebrarse no primeiro trimestre do próximo ano.

Sobre o lugar onde podería celebrarse, ratificou que, de acordo coas conversacións mantidas coa Xunta, sería na Cidade da Cultura. "Penso que será así", apostilou en relación ao xuízo por un accidente ferroviario no que faleceron 80 persoas e que deixou a 144 feridos no barrio compostelán de Angrois.

Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. EUROPA PRESS - Arquivo
Accidente dun tren Alvia en Angrois (Santiago) o 24 de xullo de 2013. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta