Morren outras dúas persoas con covid-19 en Galicia

o número de falecidos suma 2.419 durante a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este luns da morte doutras dúas persoas diagnosticadas con covid-19 en Galicia, que acumula xa 2.419 falecidos durante a pandemia.

Trátase dunha muller de 94 anos que se atopaba hospitalizada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e dun home de 74 anos ingresado en Povisa --Vigo--.

A primeira faleceu na xornada do pasado sábado 30 de maio e o segundo fíxoo o domingo 31. Ambos tiñan patoloxías previas. O venres fora o último día no que se comunicaron falecementos vinculados ao coronavirus na Comunidade galega.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta