'Escola de verán', programa lúdico-deportivo do Concello de Verín

Organizaranse en diferentes grupos segundo se escollan 3 ou 5 días á semana e segundo a preferencia de actividades elixidas.

Por X.M. Fernández | Verín | 02/06/2021 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Dende a Área de Mocidade do Concello de Verín organízase, un ano máis, o programa deportivo "Escola de Verán" e infórmase que a partir do 1 de xuño ábrese o seu prazo de inscrición. Trátase dunha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumple a súa 23ª edición e que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes, 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ata o 2017.

Escola deportiva 2019. Foto: Prensa Concello de Verín
Escola deportiva 2019. Foto: Prensa Concello de Verín

As actividades que conforman este programa deportivo --fútbol, fúbol sala, xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, teatro, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas-- estarán organizadas baixo as estritas medidas de seguridade Covid-19 que marquen as autoridades sanitarias en cada momento.

Este ano, como principal novidade, a organización amplirá o seu horario con finalidade de adaptarse, na medida do posible, ás necesidades de conciliación laboral que teñen as familias. Deste xeito, a Escola de Verín desenvolverase de luns a venres, dende as 9:00 ás 14:00 horas. 

A inscrición realízase presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben remitindo un correo electrónico a smdverin@hotmail.com

Máis información para coñecer as modalidades e grupos na web do Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta