Morre un mozo de 18 anos tras saír da vía un vehículo e chocar cun muro en Ferrol

Outro mozo de 21 anos resultou ferido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Un mozo de 18 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste mércores en Ferrol, debido á saída de vía dun vehículo que chocou contra un muro, mentres que outro home de 21 anos resultou ferido.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia e o 061, este sinistro mortal tivo lugar sobre as 2,50 horas deste mércores no lugar da Graña, no termo municipal de Ferrol.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía e sinalou que un vehículo chocara contra un muro. Nesta chamada, esa persoa afirmou que había dous ocupantes no interior do turismo, posiblemente atrapados. Por iso, o CIAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Local, a Protección Civil do municipio, e aos servizos sanitarios.

Unha vez na zona dos feitos, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 que as dúas persoas tiveran que ser excarceradas, unha das cales falecera e outra trasladada polos servizos sanitarios.

En concreto, ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado para atender a dous pacientes, un dos cales faleceu no punto do sinistro, P.L.L., de 18 anos, mentres que o outro home, B.M.L., de 21 anos, foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide, confirmaron fontes sanitarias.

Coche accidentado tras chocar cun muro de pedra
Coche accidentado tras chocar cun muro de pedra | Fonte: .. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta