Laza volve rexistrar tres terremotos en dous días e Folgoso do Courel, un de magnitude 2,2

Tamén outro de 1,6 afectou ao concello do Carballiño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Laza volveu a rexistrar varios terremotos desde este fin de semana, con tres tremores en dous días, mentres que na localidade de lucense de Folgoso do Courel houbo outro de magnitude 2,2.

Así consta nos datos publicados polo Instituto Xeográfico Nacional, recollidos por Europa Press, nos que se indica que o domingo 30 de maio houbo en Laza un tremor ás 22,42 horas de magnitude 2,1, ao que seguiu uns minutos despois outro de 1,5.

Posteriormente, este martes 1 de xuño rexistrouse outro sismo neste municipio ourensán de magnitude 1,7. Neste caso foi a media tarde, ás 19,19 horas, segundo os rexistros.

Tamén na xornada deste martes 1 de xuño o municipio ourensán do Carballiño foi escenario doutro terremoto, neste caso ás 20,28 horas de magnitude 1,6.

Pola súa banda, na localidade lucense de Folgoso do Courel tivo lugar este luns 31 de maio outro tremor de terra. Neste caso ocorreu ás 9,26 horas a 8 quilómetros de profundidade e tivo magnitude 2,2.

Localización dun terremoto en Laza (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Localización dun terremoto en Laza (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta