Un home acoitela catro veces a súa parella en Vimianzo

Os feitos tiveron lugar a última hora deste mércores no que podería tratarse dun novo acto de violencia no ámbito doméstico.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 02/06/2021 | Actualizada ás 21:34

Comparte esta noticia

Un home de 32 anos acoitelou catro veces polas costas a súa parella, outro home de 29 anos, no que podería tratarse dun novo acto de violencia no ámbito doméstico. 

Helicóptero do 061 nun incidente
Helicóptero do 061 nun incidente | Fonte: @HelicoSantiago

Segundo informan a GC fontes da Policía Local de Vimianzo, o acoitelamento tivo lugar a última hora deste mércores en Vimianzo tras manter unha discusión os dous homes. A pesar das coiteladas, a vítima está consciente, aínda que grave. Foi trasladada de urxencia en helicóptero ao Hospital Universitario de Santiago.

Segundo informa Europapress, o suceso tivo lugar na parroquia de Calo sobre as 19:50 horas da tarde do pasado mércores. Tras recibir o aviso por parte do CIAE 112, ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como dúas ambulancias do 061 e un helicóptero medicalizado.

No punto, os axentes atoparon a un dos homes, o residente na vivenda e natural de Valencia, con varias feridas profundas por arma branca nas costas. Pola súa banda, o outro home, natural de Muxía, tiña varios cortes nas pernas. Aí foi cando se produciu o traslado ao CHUS, mentres que o outro implicado, que presentaba lesións leves, foi atendido no Hospital de Cee. A Garda Civil iniciou unha investigación para aclarar as circunstancias que rodean o suceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta