Feijóo en contra da apertura do ocio nocturno ata as tres da madrugada

Critica que o Goberno central queira "limitar agora o proceso de apertura" na desescalada e anuncia que levará o decreto aos tribunais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reprochou ao Goberno central que pretenda "limitar agora o proceso de apertura" de hostalaría e lecer nocturno na desescalada, transcorrido o peor da pandemia de coronavirus.

"Non debemos cometer ese erro", proclama Feijóo nun tweet escrito este mércores a última hora, despois de que o Executivo galego anunciase que estudará "en detalle" coa asesoría xurídica o documento que o Ministerio de Sanidade presentou no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde con normas sobre hostalaría e lecer nocturno e eventos multitudinarios "para analizar o carácter vinculante e se invade competencias autonómicas".

O presidente galego reproba que sexa "o mesmo Goberno que deixou a responsabilidade en mans das comunidades autónomas e renunciou a coordinar durante o peor da pandemia" o que pretenda que sexan de obrigado cumprimento en todo o territorio nacional este verán as 'Actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión de Covid-19'.

VOTO EN CONTRA DE GALICIA

Galicia foi unha das comunidades que votou en contra desas normas homoxéneas que o ministerio quere que se cumpran en todo o país este verán, entre as que figura que os establecementos de hostalaría, restauración e terrazas, así como os bares e restaurantes de praia, pechen á unha da madrugada e que os locais de lecer nocturno e discotecas poidan abrir como moito ata as 3.00 da madrugada, naqueles territorios que non teñan risco ou estean en nivel 1 do 'semáforo' de Sanidade.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xa avanzou a noite do mércores que Galicia non está de acordo "nin coa maioría das medidas nin, por suposto, co feito de que queiran facelas de obrigado cumprimento".

Varias persoas na terraza dun bar, a 21 de maio de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar, a 21 de maio de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta