Gadis reciclou máis de 9,4 millóns de kilos de plástico, madeira e cartón no 2020

Isto supuxo un incremento do 8% respecto ao ano anterior

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

Gadis continúa o seu camiño cara a sustentabilidade. O total de kilos de materias os que se lle dará unha nova utilidade ascendeu a 9,42 millóns no 2020: 8, 33 de cartón, 0,85 de plástico e 0,24 de madeira. Isto supuxo un incremento do 8% respecto ao ano anterior.

Imaxe dun centro  Gadis
Imaxe dun centro Gadis | Fonte: Gadis

Este método, que construbúe á economía circular, combínase ca reutilización de caixas de plástico, que se poñen a disposición dos provedores de froitas e hortalizas. Despois de cada uso, as caixas hixienízanse nun túnel de lavado. A aplicación deste sistema de reciclaxe e reutilización evita a emisión de 10,15 toneladas de CO2.

PIONEIRA NA SUSTENTABILIDADE

Gadis foi pioneira ofrecendo aos seus clientes bolsas de papel reciclado gratuitas no 2019. No 2020 incorporou as bolsas biodegradables 100% nas seccións de frescos. Ademais esta empresa fai as compras a máis de 1.000 provedores locais e incentiva á compra de produtos de tempada nos seus puntos de venda.

Por outra banda, os seus supermercados están dotados ca última tecnoloxía de refrixeración e climatización, primado a reducción do consumo enerxético. O aforro estimado polo chegar ata o 40% con respecto a instalacións convencionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta