Santiago conectará con Bilbao e Londres-Gatwick a partir de xullo

Vueling anuncia dúas frecuencias semanais da capital galega con Bilbao e catro con Londres- Gatwick.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A aerolínea pertencente a IAG Vueling anunciou este xoves que pon á venda dúas novas rutas desde Santiago de Compostela para conectar a capital galega con Bilbao e Londres-Gatwick este verán. Segundo informou a compañía, esta nova ruta a Bilbao estrearase o próximo 16 de xullo e contará con dúas frecuencias semanais, os luns e venres.

Pola súa banda, a nova conexión entre a capital galega e o aeroporto de Londres-Gatwick empezará o 23 de xullo, con voos todos os luns, mércores, venres e domingos.

Co anuncio destas dúas novas conexións, a aerolínea ofrecerá 17 rutas desde o aeroporto compostelán Rosalía de Castro durante a tempada estival deste ano.

Doce delas corresponden a destinos domésticos (Barcelona, Tenerife, Mallorca, Malaga, Forteventura, Lanzarote, Eivissa, Menorca, Sevilla, Valencia, Gran Canaria e Bilbao) e cinco a destinos internacionais (Londres-Gatwick, Ámsterdam, París, Zúric e Bruxelas).

Arquivo - Avión de Vueling. VUELING - Arquivo
Arquivo - Avión de Vueling. VUELING - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta