Morre un home tras ser atropelado polo seu vehículo nun garaxe en Santiago

Os Bombeiros de Santiago desprazaron efectivos ao lugar e confirmaron ao 112 que o home falecera .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Un home faleceu na mañá deste venres tras ser atropelado polo seu propio vehículo nun garaxe no municipio de Santiago de Compostela.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, sobre as 10,34 horas deste venres recibiuse o aviso dun particular do atropelo sucedido nun garaxe da rúa Poza de Bar da capital galega.

Os Bombeiros de Santiago desprazaron efectivos ao lugar e confirmaron ao 112 que o home falecera despois de que o seu vehículo fose cara atrás e quedara atrapado entre o turismo e a parede, concretaron as mesmas fontes.

Ademais dos Bombeiros de Santiago mobilizados para liberar ao home, foron avisados persoal sanitario, a Policía Local e Protección Civil.

Rúa Poza de Bar, en Santiago. Fonte: Idealista.
Rúa Poza de Bar, en Santiago. Fonte: Idealista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta