A patronal eólica asegura que a "convivencia" desta enerxía co rural "está acreditada" por "25 anos de éxito"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/06/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica de Galicia (EGA) subliña que a "convivencia" desta enerxía co rural galego "está acreditada por unha historia de éxito de 25 anos".

Eólicos en Paradela
Eólicos en Paradela | Fonte: Cedida - Arquivo.

Nun escenario no que promotores exploran a posibilidade de implantar miles de megawatts en Galicia, a patronal do sector asegura que a eólica, "ademais de ser parte da recuperación climática", o é "tamén da reactivación económica".

"Estamos a falar de 2.500 millóns de euros de investimento no próximos cinco anos. Ningunha outra industria moverá semellante cantidade de recursos económicos en Galicia", resalta.

A entidade refírese, así, á súa aposta por implantar 450-500 megawatts ao ano, un obxectivo "que permanece" e que remarca con motivo da celebración do día mundial do medio ambiente, este sábado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta