Condenado a dez anos de cárcere un home por abusar da súa filla menor

O tribunal entende que o relato da menor no xuízo foi "sincero, crible e sen contradición algunha relevante".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/06/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dez anos e dous meses de cárcere a un home por abusar sexualmente da súa filla cando tiña 11 anos, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademais, impúxolle cinco anos de liberdade vixiada, a privación do exercicio da patria potestade e a prohibición de comunicarse por calquera medio coa vítima e aproximarse a ela durante 17 anos. O acusado tamén deberá indemnizar á afectada con 10.000 euros.

Os xuíces consideran acreditado que o investigado, que recoñecera á nena como a súa filla, pois o era da súa parella, aproveitou que quedou só con ela en casa para entrar na habitación na que durmía a sesta, espila e abusar sexualmente dela.

O tribunal relata que, ao causarlle dano, a menor, asustada, empezou a gritar, o que provocou que o condenado se detivese. O tribunal entende que o relato da menor no xuízo foi "sincero, crible e sen contradición algunha relevante".

Ademais, subliña que non aprecia "ningún móbil de vinganza contra o procesado" e que concorren "corroboracións periféricas" do sucedido, tales como as declaracións das testemuñas e dos peritos.

Un xuízo en imaxe de arquivo
Un xuízo en imaxe de arquivo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta