"Case a totalidade das enfermeiras e enfermeiros de Galicia sofren ansiedade, inquietude, temor e angustia"

A porcentaxe de enfermeiras "queimadas" por tensións aumentou un 10% durante a pandemia, segundo Satse.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/06/2021 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Sete de cada dez enfermeiros que exercen en Galicia din padecer a síndrome do profesional "queimado", un 10% máis que hai un ano, segundo a enquisa elaborada polo sindicato de enfermaría Satse.

Enfermeiras
Enfermeiras | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Así mesmo, a organización de profesionais de enfermaría sostén que oito de cada dez enfermeiras recoñecen sufrir tensións, unha proporción que se incrementou catro puntos ao longo de 2020, ano marcado pola crise sanitaria do covid-19.

Os datos da enquisa de Satse revelan que "case a totalidade das enfermeiras e enfermeiros de Galicia sofren ansiedade, inquietude, temor e angustia", mentres que "o 92,66 por cento declara ter alteracións do soño e un 83 por cento do apetito" e "máis do 58% dos enquisados" asegura padecer "problemas sexuais".

Para o sindicato, o estudo "evidencia de forma clara que a falta de protección, medios e profesionais no Sergas para facer fronte á pandemia do Covid-19 prexudicou o conxunto de que enfermeiras e enfermeiros de Galicia".

"A pandemia pasou unha clara factura á saúde física, psicolóxica e emocional das enfermeiras e enfermeiros e, polo momento, a administración autonómica non avanzou no seu compromiso reiterado de mellorar as súas condicións laborais e profesionais para que poidan atender e coidar aos demais en contornas laborais saudables", afirma a organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta