Xulgan a un home por tentar asasinar á súa exparella disparándolle cunha escopeta

Acusado e vítima mantiñan unha relación de amizade no momento dos feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 8, o xuízo contra un home acusado de disparar por detrás, cunha escopeta, á súa exparella, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Por un delito de asasinato en grao de tentativa, a Fiscalía reclama 14 anos e medio de prisión para o home, por uns feitos ocorridos na madrugada do 15 de xuño do ano pasado.

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público explica que acusado e vítima mantiveran unha relación de parella e que mantiñan unha relación de amizade no momento dos feitos. Ademais, engade, que pola súa dependencia das drogas, ela acudía a casa do home para tentar obter droga.

O día dos feitos, explica, a muller "pola súa situación de abstinencia, insistía en pedirlle ao acusado que lle deixase entrar", Unha vez na casa, el pediulle ter relacións ao que ela se negou. Despois, permaneceu na vivenda ata que atopou unhas chaves para saír ao estar a porta pechada.

"O acusado ao ouvir que abría a porta empezou a gritar" para, con posterioridade, "con ánimo de atentar contra a vida e integridade" da muller "colleu unha escopeta e desde o balcón da planta superior" efectuou un disparo por detrás contra ela.

Teléfono 016 para as vítimas de violencia de xénero. EUROPA PRESS - Arquivo
Teléfono 016 para as vítimas de violencia de xénero. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta