A Xunta insiste: non aplicará as medidas do Goberno ata que saiban "se son obrigatorias"

Rueda sostén que terán "a próxima semana" o documento para dilucidar se o publicado no BOE é "obrigatorio" ou "unha opinión".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A Xunta insiste en que seguirá a súa "folla de ruta" para a desescalada e volve deixar no aire a aplicación en Galicia das medidas publicadas este sábado polo Goberno no Boletín Oficial do Estado tras a súa aprobación no último Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de España (CISNS) co voto en contra de Galicia, Comunidade de Madrid, País Vasco, Cataluña, Andalucía e Murcia.

"A asesoría xurídica está a terminar de analizar ata que punto as comunidades autónomas e, por tanto, a Xunta, estariamos obrigadas a seguilas", sinalou o vicepresidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios antes de participar nun acto celebrado na mañá deste sábado en Santiago.

Así, o número 'dous' da Xunta emprazou a coñecer o ditame da asesoría xurídica da Administración autómica, que prevén ter listo "a semana que vén". En función deste informe, segundo Rueda, Galicia aplicará ou non o catálogo de medidas para a desescalada deseñado polo Executivo central.

"Se nos din (servizos xurídicos) que é obrigatoria, non somos un goberno insumiso", apostilou Roda que subliñou que Galicia, polo momento, segue coa súa "folla de ruta" deseñada desde a administración autonómica.

En todo caso, desde o Goberno central foron varias as mensaxes cara ás comunidades que se opoñen ao modelo para a desescalda. Cargos como a ministra de Sanidade, Carolina Darias, e o titular de Política Territorial, Miquel Iceta, remarcaron que as medidas aprobadas no CISNS son de obrigado cumprimento para todo o territorio e que, no caso de que non se apliquen, o Executivo terá que "facer que se cumpran".

Na liña do expresado desde o mércores, xornada na que saíu adiante o documento a pesar da oposición de Galicia e outras comunidades, a Xunta incide en que mentres non conclúa a análise da súa asesoría xurídica non aplicará as medidas no seu territorio.

"A semana que vén saberemos ata que punto o publicado hoxe (este sábado) no BOE alcánzanos ou é simplemente unha opinión do Goberno", remarcou Rueda, que defendeu a "coherencia" da Xunta, que leva "meses xestionando unha pandemia sen o Goberno central, que se desentendeu nos momentos máis duros".

Por tanto, censura a "imposición" de medidas "sen diálogo, explicación e sen argumentación" que, segundo o vicepresidente, incorren en "incoherencias" como, por exemplo, "no tema das terrazas" ao permitir a ocupación da totalidade das mesas permitidas sempre que exista unha separación de 1,5 metros entra as cadeiras de diferentes mesas.

"As restricións non teñen sentido, sobre todo, por ser prolongadas no tempo e sen ningunha avaliación paulatina", engadiu Rueda, para quen isto "se deriva" de que o Goberno "non estivo a xestionar o día a día e non se dan contan de que as cousas non se poden facer así".

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 30 de marzo de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante unha entrevista con Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 30 de marzo de 2021.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

"IMPRESENTABLES E INASUMIBLES"

Pola súa banda, a  vicesecretaria do PP e deputada nacional Ana Pastor cualificou de "impresentables e inasumibles" as últimas decisións do Ministerio de Sanidade sobre a xestión da pandemia e acusou ao Goberno de "tentar impor pola forza".

Pastor dirixiuse á ministra de Sanidade, Carolina Darias, para pedirlle que "rectifique e compareza no Congreso", á vez que a acusou baixo "criterios políticos e nunca con criterios técnicos". A exministra fixo estas declaracións durante a súa participación en Pontevedra na campaña de recollida de firmas contra os indultos aos condenados polo 'procés' independentista catalán.

Alli, Ana Pastor criticou que o Ministerio de Sanidade "levou ao caos absoluto a loita contra a pandemia". "A única boa noticia é que chegaron as vacinas e que as comunidades autónomas están a facer un esforzo impresionante porque todos os cidadáns a poñan", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Ninguen os votou para que nos quiten liberdades. Decimos NON a Axenda 2030. NON a vivir nunha dictadura globalista, controlados e empobrecidos, e que a nosa liberdade de movemento dependa dunha vacuna experimental. Por certo, os "respiracionistas" esiximos PROBAS pq a tv non nos chega. ¿Xa aislaron, secuenciaron e purificaron o "virus"?. ¿Son fiables os PCR?. E que quede claro que ninguen pode restrinxir dereitos garantidos pola Constitucion.