Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

19 RICARDO

E digo eu,¿porqué non lle fan unha homenaxe,..a ARIEL SHARON?...

18 Julicheiro

Non o dixen por ningún blogue en particular, foi un toque a quen queira darse por aludido, pero sen ningún destinatario concreto.

17 Anxo

Paréceme ben a súa expulsión. Un ten que saber onde está e ter coherencia coas ideas do seu partido.

16 Lugués

Eu non podo afirmar nin negar o que vde. di no primeiro parágrafo: o meu coñecemento dos estatutos do BNG non é tan profundo como para iso. Probablemente, como pasa con outros textos estatutarios, teñen unha eficacia limitada, de forma que en casos particulares (e este éo, madia leva, probablemente sexa a primeira vez que no Bloque se dá unha situación ao paso) haxa que acudir "ao espírito do texto". A min, intuitiva o mesmo ca politicamente, paréceme que o "espírito" do BNG manda manter a Gómez-Valadés dentro.

Si que debo manifestar acordo, penso que total, co terceiro parágrafo. Por certo, quedei intrigado, co que di do blog; gustaríame saber a que web e opinador se refire. Ao mellor son indiscreto.

15 Julicheiro