Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

14 Julicheiro

Concordará comigo, en todo caso, que a esa interpretación distinta chégase pasando por riba doutros pricipios estatutarios preponderantes.

Onte estiven lendo os Estatutos da UPG e, guiándose por éstes, habería motivos dabondo coma para botar a Valadés dese partido. Pero os Estatutos que rixen dentro do Bloque son os propios do BNG, non os da U, EN ou PNG, e nos Estatuso do Bloque recóllese o pricipio que antes anotei, así coma outros que, coma as constitucións decimónicas, son unha declaración de intencións de cara á galería que, chegado o momento, carecen de calquera eficacia práctica.

Pediríalle a Quintana que non se ande con circunloquios nin vaguidades, pois este non é un tema trivial, senón dunha excepcionalidade tal que pode acarrexar graves perxuízos a longo prazo ó conxunto do Bloque Nacionalista Gaelego.

Ningún dde nós debería permitir que, por unha vendeta da UPG de Vigo, o conxunto do nacionalismo organizado quede tocado para sempre.

13 Lugués

Julicheiro, penso que, en última instancia, trataríase de interpretacións distintas dos Estatutos. Iso si, eu estou coa interpretación máis aberta, conforme a cal se non se demostra claramente unha acusación esta non pode dar lugar a condena.

Obviamente, se unha maioría do Bloque expulsa a Valadés estará conmetendo unha notable torpeza. Valadés debe actuar dentro do BNG, xaora.

12 Julicheiro

Unha aclaración: o de "comentario enxeñoso e valdeiro nun blog" non se refire a vostede, que vexo que se pronuncia contrario á expulsión.

Vai contra quen se indigna moito con esta clase de cousas, contra quen se lle enche a boca co barbarismo da UPG, pero sempre acaba relativizándoo todo ó chegar o momento de actuar, e acaba seguíndolle a corrente. Espero que esta vez non acontenza algo así.

11 Julicheiro

A pregunta é se os quintanismo vai facer algo ou quedará calado para non soliviantar á U. Oxalá Quintana actúe sen medo, e deteña esa tolemia antes de que sexa irreversible.

Lugués, déixeme que lle diga unha cousa, e vai sen a menor acritude: expulsar a Valadés sí sería unha decisión antidemocrática, a menos que entedamos-la democracia coma a ditadura da maioría. E sí que sería privalo dun dereito político recollido nos Estatutos do Bloque, concretamente o dereito a discrepar públicamente das posicións maioritarias, recollido no artigo 6.

Tanto tempo falando de abrir ó BNG á socieade, de modernidade fronte ó estancamento e, a verdade, voto en falta unha atitude máis clara do quintanismo para denunciar este atropelo. Non me vale a progresía facil de conversa na cafetería, ou de comentario enxeñoso e valdeiro nun blog. O progresismo demóstrase nos feitos, e aquí e agora, quen non se pronuncie en contra está a ser o seu cómplice.

10 Brais

Na actual coxuntura de Oriente Próximo coido que Israel é o maior responsable. Iso non obsta a que a corrupta dirixencia palestina sexa cáseque tan culpable. Alén diso, o que non é de recibo é expulsar a alguén do BNG por defender a causa de Israel. Isto amosa que un sector da UPG está absolutamente a monte, Ese sector é o que debera ser expulsado polo dano que se lle fai ó BNG de cara ás municipais en Vigo.
Amén de inconscientes son hipócritas: ¿acaso van expulsar ós memebros das asociación pro defensa da Cuba dictatorial? Entre Fidel Castro, Benjamin Netanyahu e Isaac Rabin, eu aposto polo último. ¿Merezo ser expulsado do BNG?