Temas: NéBOA VENTO

Predicións meteorolóxicas para este domingo en Galicia: néboas matinais no interior e ventos do nordés

A xornada deste domingo en Galicia estará marcada pola influencia anticiclónica sobre Galicia, coa entrada de aire cálido desde latitudes inferiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A xornada deste domingo en Galicia estará marcada pola influencia anticiclónica sobre Galicia, coa entrada de aire cálido desde latitudes inferiores.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, prevese que se presenten bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados pola mañá. Tamén se rexistrarán algunhas nubes de evolución pola tarde que poderán dar lugar algún chuvasco treboento, en especial en zonas altas.

As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Mentres, os ventos soprarán do nordés e serán moderados na costa, con intervalos fortes no litoral noroeste e frouxos no resto. Así mesmo, observarase un réxime de brisas nas Rías Baixas.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita a sede de Meteogalicia. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita a sede de Meteogalicia. XUNTA

Temas: NéBOA VENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta