Miñones apunta á construción como un alicerce para a recuperación da economía

Resalta a fortaleza do sector en Galicia, que concluiu o 2020 cun crecemento do 2%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, sinalou que o sector da construción é un alicerce para a "materialización" dos programas deseñados para a reactivación e recuperación da economía. Así o trasladou na reunión mantida polo representante do Executivo central na Comunidade galega coa xunta directiva da Federación Galega da Construción.

Alí, Miñones resaltou a "fortaleza" do sector en Galicia, que concluíu o ano 2020 "cun crecemento de negocio dun 2%", segundo recolle un comunicado remitido aos medios pola Delegación do Goberno este sábado.

Tras incidir na "resiliencia" da construción galega, o delegado do Goberno apuntou que esta estabilidade "os sitúa nunha posición inmellorable para a execución dos fondos europeos".

Neste sentido, lembrou que as actuacións a desenvolver polo Miniterio de Transportes representan "o 28%" do plan de resilencia e, en números, supoñen "20.000 millóns en programas de mobilidade sustentable, vivenda e rexeneración urbana".

Por tanto, Miñones subliñou ante os representantes do sector da construción de Galicia "o compromiso" do Goberno coa obra públicia "como panca para a reactivación económica".

O novo delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones, durante a toma de posesión do cargo, a 8 de abril de 2021, na sede da Delegación na Coruña, Galicia, (España). O acto celébrase tras o seu nomeamento por e. M. Dylan - Europa Press
O novo delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones, durante a toma de posesión do cargo, a 8 de abril de 2021, na sede da Delegación na Coruña, Galicia, (España). O acto celébrase tras o seu nomeamento por e. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta