3 días de loito en Verín polo finamento de D. Santiago Cid Harguindey, exalcalde da localidade

O Concello de Verín, a través dun decreto de Alcaldía, declarará o loito oficial no municipio pola morte do que fora rexedor da localidade entre os anos 1983 e 1991.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/06/2021 | Actualizada ás 23:05

Comparte esta noticia

Considerando a importancia do papel político, social e institucional de Santiago Cid  Harguindey, o concello decreta tres días de loito oficial. Durante este tempo as bandeiras  situadas no exterior da casa consistorial ondearán a media asta como sinal de duelo e respecto.

Concello de Verín
Concello de Verín | Fonte: GC

Tamén se gardará un minuto de silencio no vindeiro pleno que celebre a corporación municipal.

O alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, en nome da corporación municipal traslada o seu máis sentido pésame aos seus familiares e amigos polo pasamento de Santiago Cid Harguindey.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta