O PSOE pide a dimisión de Ucha (DO), ao que tacha de "pistoleiro" e de representar "a ultradereita"

O PSOE ourensán acusa ao concelleiro de facer o xesto do corte de manga, dirixido a Villarino, no pleno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O PSOE ourensán reclamou a dimisión do concelleiro do goberno ourensán Telmo Ucha (Democracia Ourensá), ao que pide a súa renuncia "nas próximas 24 horas" das súas responsabilidades como edil da área de seguridade cidadá no executivo local que encabeza o rexedor Gonzalo Pérez Jácome.

A petición do PSOE chega este sábado, despois de que o pasado venres os socialistas, encabezados polo seu portavoz Rafael Villarino, abandonasen o pleno municipal tras varios encontros co grupo de goberno, un deles co propio Ucha, ao que acusaron de facer o xesto do corte de manga dirixido a Villarino.

"Como é posible que a seguridade da cidade estea en mans dun pistoleiro", resalta o PSOE nun comunicado, que insta o resto de formacións da corporación municipal a secundar a petición dos socialistas para a renuncia do edil de Democracia Ourensá "con carácter inmediato".

"Sentimos vergoña por este shériff de gatillo fácil, que se atreve a falar de izquierdita covarde e actúa como representante encuberto da ultradereita no oeste español", censuran os socialistas que apelan á oposición en Ourense a dicir "xa abonda" ao "matonismo" que, di, practica a formación de Pérez Jácome.

Por último, o PSOE diríxese expresamente ao PP, aos que tachan de "cómplices" de que Jácome "e o seu séquito" continúen á fronte do goberno local e, por tanto, "colaboradores necesarios da degradación do decoro institucional".

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta